Páxinas

luns, 28 de setembro de 2015

O comenzo

Probando, probando

Algunhas intencións

Isto serán notas e apuntes sobre astronomía recollidos en lecturas desordeadas de libros, blogs ou calquera outra fonte. A idea principal é poder aprender reelaborando información que ca simple lectura non consigo fixar.
Os meus intereses empezan polas lecturas e a astronomía en visual. ....



Recollo moitos enlaces nun agregador, scoop.it,  con cousas que aparecen na web que en principio me interesan pero que non teño tempo de revisar. Procuro etiquetalas para que nalgún momento poidan recuperarse
http://www.scoop.it/t/utiles-para-astronomia
http://www.scoop.it/t/noticias-de-astronomia
Neste blog non vou comentar estas entradas, o que teña interese nalgún tema pode entrar nestas páxinas e rebuscar para obter as entradas correspondentes. Aquí vou recoller as informacións que me interesan intentando reelaborala, breves reseñas de libros e blogs que me gusten ou chamen a atención, e curiosidades que poidan entreter a alguén curioso.

O dibuxo astronómico é un interés sen desenrolar, gracias a unha charla moi estimulante de Jorge Arranz nunha edición ¿2013 ? do desaparecido AstroBiocos. O seu blog qfwfqestuvoalli é mostra das suas ensinanzas.

Pertenzo a unha agrupación de afeccionados, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, hai moitos socios con amplos coñecementos en diversos campos e algúns con interese pola divulgación como Borja Tosar. Gracias a eles comencei neste mundo da observación do ceo nocturno, sen eles non tería pasado das lecturas curiosas. O meu agradecemento pola sua xenerosidade e ensinanzas.

Cómo empecei 

Foi moi tarde e por pura casualidade, nunha emisión a altas horas do programa de TVE Redes algún científico comentaba algún libro que lle gustara e esa noite foi "Observar el Cielo" de David Levi unha magnífica guía que comentarei noutra entrada.


Despóis encontrei a Agrupación Ío, fun a varias saídas ó monte con eles, a algún cursiño que deron, empecei a comprar libros, prismáticos, lecturas de blogs, acudín a varias reunións de afeccionados (AstroGalicia, AstroBiocos), caín en comprar un Dobson, oculares, cámara de fotos, outros prismáticos, máis libros, ... unha loucura.

Fin da toma 1.




Ningún comentario:

Publicar un comentario